Segundo se coñeceu esta sexta feira, o escritor coruñés Manuel Rivas ocupará a vacante deixada polo académico Camilo González Suárez Llanos.
O Plenario da Real Academia Galega acordou este venres nomear membro electo o escritor Manuel Rivas para ocupar a vacante producida tras o falecemento do académico Camilo González Suárez-Llanos.
Manuel Rivas Barrós naceu naCoruña en 1957 e é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Colaborador de diversos diarios galegos, como El Ideal Gallego, tamén participou cos seus artigos en revistas como Teima e Man Común e, de xeito fixo, no semanario A Nosa Terra. Cofundador da revista cultural Luzes de Galiza, na actualidade mantén unha columna semanal no xornal El País. Ademais, posúe unha extensa creación literaria en todos os xéneros literarios, como as novelas 'O lapis do Carpinteiro' e 'Un millón de vacas' ou os poemarios 'Costa da Morte Blues' e 'A desaparición da neve'.