Cargada con 200 quilos de explosivos, o vehículo estaba aparcado a 16 metros da fachada posterior desde a tarde do martes.
A explosión dunha furgoneta cargada con 200 quilos de material detonante no cuartel da Garda Civil en Burgos, na madrugada do martes ao mércores, provocou 46 feridos leves e danos graves ao edificio de 14 plantas. A bomba estourou arredor das 4.00 horas deste mércores sen previo aviso, informan as axencias.
O delegado do Goberno español na Comunidade Autónoma de Castela e León, Miguel Alejo, sinalou que todos os indicios apuntan a ETA como autora do atentado. Ademais, sinalou que entre os feridos hai dúas mulleres embarazadas que non sufriron danos graves e seis nenos, tamén con feridas leves.
Máis información: