Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Queixa do profesorado

Pau aos centros de formación do profesorado coa escusa da austeridade

Máis de medio cento de profesionais do ensino que traballan nestas aulas asinan un documento en protesta polo recorte de recursos.

Redacción - 19:05 28/07/2009

Achegámoslles a carta íntegra, asinada por 55 persoas que traballan nos CFR:

"Os/as asinantes, profesionais que prestan os seus servizos nos Centros de Formación e Recursos (CFR) de Galicia queren facer público o seu malestar polos comentarios vertidos polo chamado Movemento pola Igualdade no Emprego Público no xornal “La Voz de Galicia” do día 17 de xullo nun artigo titulado “Educación supera ya el centenar de asesores, la mayoría elegidos a dedo” que, lonxe de ser informativos aportan datos erróneos, amosan unha visión tendenciosa e prexudican ao sistema educativo.

Co obxectivo de dar unha información máis exacta da realidade, maniféstase que:

  1. O artigo fai referencia a unha suposta categoría de “asesores” sen diferenciar colectivos que, aínda que posúen ese nome, non teñen as mesmas funcións, retribucións, xornada de traballo nin o mesmo proceso de selección ou nomeamento. Por esta razón cómpre precisar a realidade do colectivo de persoas asesoras de formación da Consellería de Educación.
  1. Os Centros de Formación son centros que prestan un servizo de apoio ao profesorado dende o ano 1992, ofrecéndolles formación, información e axuda ao longo de todo o curso escolar. Polo tanto estes centros concíbense pola consellería de Educación como unha necesidade dentro do sistema educativo.
  1. As persoas que ocupan postos nas asesorías e direccións dos CFRs accederon a eles mediante unha convocatoria publicada no DOG , con presentación de proxecto e de méritos e seleccionadas en concurso público por unha comisión contemplada nas ordes que desenvolven o Decreto 99 de 2006, o último que regula os CFR. A estas praza pódese presentar calquera docente que cumpra os requisitos da convocatoria.
  1. Nos países europeos e nas comunidades autónomas existen centros ou institucións de formación permanente do profesorado, sendo Galicia a comunidade autónoma que ten unha rede proporcionalmente menor en número de centros e persoas asesoras. A Consellería de educación reducirá no próximo curso os cadros de persoal dos mesmos, o que repercutirá significativamente nun servizo tan importante de apoio aos centros como é o da Formación Permanente.
  1. Debido ao horario de traballo e ao calendario anual dos docentes dos CFR fai moitas veces dificil conseguir persoas candidatas a estes postos.
  1. Dadas as características das súas funcións, estas non podería ser desenvolvidas por persoal administrativo, porque o seu labor consiste no asesoramento a centros e ao profesorado.
  1. A política de austeridade non debería minguar a calidade do sistema educativo, pola contra debe garantir os servizos que son esenciais para a sociedade".



4,92/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: