Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CUMPREANOS DA REVISTA DE NOVAS TECNOLOXÍAS

Código Cero (máis oito)

A publicación presentará nas vindeiras semanas un redeseño da súa web, procurando estimular a participación dos lectores.

Redacción - 17:15 27/07/2009

Oito anos, xa, dende aquel 25 de xullo de 2001 no que nacía Código Cero, revista en rede e en galego dedicada a informar da actualidade das novas tecnoloxías. O proxecto foi crecendo, profesionalizouse e comezou a editar unha publicación mensual, en papel, e de distribución gratuíta, e polo medio chegaron os recoñecementos, como o Galardón á Innovación Empresarial na categoría de Comunicación entregado pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia.

A edición dixital de Código Cero pasou xa por tres redeseños, e nas vindeiras semanas presentará o cuarto, co obxectivo de estimular a participación dos seus lectores. Noraboa aos seus promotores: Xosé María Fernández Pazos, Carlos Ballesteros Jiménez e Marcus Fernández Otero.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: