Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DO 27 AO 31 DE XULLO

600 expertos debaten o pluralismo relixioso en Compostela

No marco do 30º Congreso da Asociación Internacional para a Socioloxía das Relixións, debaterase sobre o radicalismo nacido dalgunhas crenzas.

Redacción - 17:15 27/07/2009

Máis de 600 expertos de socioloxía da relixión reuniranse en até o día 31 para abordar os desafíos do pluralismo relixioso e e as evolucións e conflictos que as relixións e a minorías relixosas xeneran nas sociedades contemporáneas. As sesións, organizadas en 84 mesas temáticas, tres grupos de traballo, duas sesións plenarias e un foro para os novos investigadores, abordarán as novas formas de relixón nas sociedades contemporáneas, as minorías relixosas, os conflictos e os radicalismos relixiosos en diferentes partes do mundo, a evolución da relixión no Estado Español, a relación entre a relixión e a política, o fútbol ou a xuventude, o fenómeno das peregrinaxes ou o uso das novas tecnoloxías na difusión das ideas relixiosas.

O congreso está coordinado polo director do Departamento de Socioloxía da USC, Juan Luis Pintos. A Asociación Internacional para a Socioloxía das Relixións creouse en Lovaina (Bélxica), en 1948, baixo o nome de 'Conferencia Internacional de Socioloxía Relixiosa' para abordar cuestións de carácter elcesial. Hoxe a sociedade conta con máis de 500 membros que traballan en máis de 50 países de todo o mundo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: