Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
VENEZUELA REXEITA AS BASES ESTADOUNIDENSES EN COLOMBIA

Tensas relacións colombo-venezuelanas

O presidente Hugo Chávez declarou que as relacións comerciais, económicas e políticas con Colombia están no seu peor momento, como consecuencia das agresións que representan para Venezuela algunhas das decisións que tomado o goberno do presidente de Colombia Álvaro Uribe. Chávez tamén dixo: "din que nós somos un narcoestado, eles si son o narcoestado."

Xurxo Martínez Crespo - 21:56 24/07/2009

Chávez perguntouse en voz alta: "Onde está o golpista Carmona?, está en Colombia, resgardado e todo. E a min acúsanme de ter guerrilleiros, eu non teño nengún guerrilleiro aquí porque até choques armados temos coa guerrilla,  capturamos guerrilleiros e entregámolos a Colombia".

Falou do narcotráfico:  "ten a orixe en Colombia e o gran consumo está en Estados Unidos, pero aseguran que Venezuela é a culpábel. O cinismo non ten límites, din que nós somos os culpábeis porque pasa por aquí. A culpa está en Colombia que non puido acabar co narcotráfico" Ademais, "din que nós somos un narcoestado, eles si son o narcoestado".

"Tragamos cravos e area para levar unha relación con Colombia que foi traumática, e non só connosco, Colombia ten problemas con Nicaragua, ten problemas con Ecuador, con todos os veciños ten problemas. Non vai ter unha actitude agresiva?; o paramilitarismo segue vivo, aínda que din que o eliminaron, mentira" asegurou o presidente venezuelano.

Sinalou que "os yanquis están metidos (en Colombia) e agora máis; parece que non hai límites no goberno de Colombia. A presenza destas tropas estadounidenses nas bases de Colombia vai causar máis problemas cos veciños, pero a eles parece que non lles importa".

En consecuencia, ratificou, "estamos obrigados a revisar as relacións comerciais, económicas, políticas con Colombia. Non podemos quedarnos calados nen de brazos cruzados. As cousas que lle compramos a Colombia teremos que compralas noutra parte, noutros países verdadeiramente amigos".

Nese escenario, o xefe de Estado venezuelano, perguntouse "Como imos ter relacións de confianza cos militares de Colombia". Salientou que "os yanquis queren converter a Colombia no Israel de América Latina, iso si sería incendiario e é triste que o goberno de Colombia se preste, sabéndoo, é lamentábel porque son os nosos irmáns".


4,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: