Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
ASEGURA QUE ZELAYA QUERÍA "ETERNIZARSE" NO PODER

Propietario de Globovisión respalda goberno golpista de Honduras

Segundo declaracións de Guillermo Zuloaga Núñez, propietario de Globovisión: "O goberno de Micheletti está axustado á Constitución, e nós quixésemos, encantaríanos que aquí en Venezuela se respectase a Constitución como se está respectando en Honduras"

Redacción - 16:07 17/07/2009
Guillermo Zuloaga

Guillermo Zuloaga

En declaracións oferecidas onte xoves o proprietario da canle de televisión Globovisión, Guillermo Zuloaga Núñez, sinalou que a empresa mediática que el dirixe recoñece o goberno golpista de Roberto Micheletti en Honduras e asegurou que o acontecido non foi un golpe militar, senón "respectar a Constitución, algo que en Venezuela non se está facendo".

" O goberno de Micheletti está axustado á Constitución, e nós quixésemos, encantaríanos que aquí en Venezuela se respectase a Constitución como se está respectando en Honduras".

"A Constitución de Honduras estabelece que ninguén pode ser reelixido nin ninguén pode imporse...", declarou, asegurando que Manuel Zelaya quería reelixirse ou eternizarse no poder. 

Xuntanza Alberto Federico Ravell- Hillary Clinton

Respecto á reunión que sostivo o director de Globovisión, Alberto Federico Ravell, coa secretaria de Estado estadounidense, Hillary Clinton, Guillermo Zuloaga Núñez asegurou: “para nós é materia de orgullo e coido que ela foi moi clara na defensa dunha verdadeira democracia”.

O pasado 4 de xuño o Ministerio Público imputou ao empresario Zuloaga Núñez, tamén presidente da empresa Toyo Club Valencia, pola presunta comisión do delito tipificado de usura xenérica debido á compra de dólares estatais a prezo preferencial de Bs. F. 2.15 para a importación de veículos e a venda dos mesmos a prezos de dólar de mercado paralelo.



 


Ligazóns

4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: