Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NOVO FORMATO DA PUBLICACIÓN

A revista Gallaecia homenaxea a Isaac Díaz Pardo no seu último número

Quérese agradecer o apoio económico que Ediciós do Castro emprestou dende 1975.

Redacción - 19:15 08/07/2009

Gallaecia naceu en 1975, cando a ditadura do Xeneral Franco esmorecía. O obxectivo dende ese primeiro número era "preservar e coñecer a herdanza milenaria" de Galiza, a través do traballo de historiadores e arquólogos. Grazas ao apoio que dende o comezo emprestou Ediciós do Castro, en boa medida polo impulso de Isaac Díaz Pardo, a revista consolidouse como unha das máis antigas de todo o Estado no seu eido de investigación, e unha das máis regulares, con 27 números en 33 anos.

Este mércores presentouse na facultade de Historia da USC o número 28 da revista dirixida por Ramón Fábregas, dedicado a Díaz Pardo que presenta un novo formato. Recolle doce artigos resultado das investigacións levadas a cabo por membros do Departamento de Historia I da USC, sobre distintos lugares e xacementos galegos: os xacementos paleolíticos de Monforte de Lemos, Triacastela ou Becerreá, o Agro da Nogueira de Melide ou a arte atlántica do Crastoeiro, pasando polos petróglifos no contorno da área arqueolóxica de Tourón. Tamén se poden atopar estudos sobre a ocupación romana do xacemento de Castelo de Chás, as lousas do Castro de Formigueiros ou as representacións de armas no interior de Galiza.


5/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Ramon Fabregas, Diaz Pardo e Raquel Casal, directora do Departamento de Historia I
Ramon Fabregas, Diaz Pardo e Raquel Casal, directora do Departamento de Historia I