Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Operación Adriático-Sur

Desmantelada unha rede de estafas bancarias por internet con presenza en Pontevedra

A rede roubou 400 mil euros infectando computadores e roubando as claves de banca electrónica das vítimas.

Redacción / EP - 19:00 08/07/2009

Unha organización internacional dedicada a cometer estafas bancarias a través da internet foi desarticulada dentro da operación "Adriático-Sur". A banda tiña ramificacións en diversas localidades da Península Ibérica. No marco do operativo, axentes da Garda Civil efectuaron oito rexistros domiciliarios, un deles en Pontevedra, e incautáronse de 13 computadores, material informático, documentación e 3.800 euros.

Á organización atribúenselle máis de 90 operacións de phishing por un importe de 400 mil euros. Esta modalidade delituosa consiste en obter, mediante engano, as claves de acceso dos usuarios e empregalas de xeito fraudulento. As investigacións comezaron en marzo, cando se detectou en Tenerife a presenza dun grupo de cidadáns moldavos que frecuentaban bancos onde retiraban importantes cantidades de diñeiro.

Segundo a información do corpo de seguridade, a banda tiña contactos cun grupo organizado no Reino Unido, Italia, Moldavia, Ucraína e Rusia. As operacións da organización afectáronlles a empresas e particulares de varias provincias españolas. O 'modus operandi' da banda comezaba cando un pirata informático infectaba computadores e espiaba as claves e contas bancarias de empresas e particulares usuarias de banca electrónica. A organización contaba con colaboradores "muleiros" captados a través de anuncios publicados en Rusia e Moldavia que se encargaban de facer as transferencias.


0/5 (0 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: