Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NOVA CURTA

Pinto e Cobiñas preparan a 'Festa do Percebe de Roncudo'

Xa está en youtube 'Baixo Coeficiente', que anticipa a celebración, que terá lugar en Corme o vindeiro 11 de xullo.

Redacción - 08:00 07/07/2009

Pinto e Cobiñas discuten un novo proxecto: apañar percebes nun lugar aínda non esquilmado polos furtivos para así facerse de ouro vendéndollos aos turistas na festa deste sábado. Pero Cobiñas non o ten claro e Pinto acúsao de estar "caghao de medo". "Pero ti con cres que estás falando, ho? Tes diante de ti ao número un do mundo mundial. Sentei na pedra do Roncudo unha noite sen lúa, forsa 8, vento do levante, e apañei trescentos quilos en vinte minutos, chaval. E nin mollei os pés". dille Cobiñas. "Ti o que apañaches foi unha borracheira marcou no alcoholímetro un oito, e bebestes trescentas tazas en vinte minutos e o único que quedou seco foi o barril de viño", retrúcalle Pinto.

Así comeza a nova curta da serie 'Para Mariñeiros, nós', creada por Suso Lista e Omar Rabuñal e protagonizada polo propio Lista e Manuel Castro Duarte. O vídeo, que xa se pode ver en youtube serve para presentar unha nova edición da Festa do Percebe do Roncudo, que se celebrará o sábado 11 de xullo en Corme.

Programa da festa

Ás 10.00 Música na rúa. Comeza a xornada con actuacións musicais da Magnifique Band des hommes sans medo e a Comparsa Balumba de Badajoz.
Ás 12.00 Misa na honra dos mariñeiros e percebeiros falecidos. Actuación da Coral Brisas do Mar de Corme.
13.00 Posta á venda dos vales de Percebe, Polbo, Empanada, Pan e Viño.
13.30 Pregón
14.45 Sesión vermú coa orquestra Costa Azul
Actividades toda a tarde. Coñece o Roncudo por terra e mar. Tren turístico e catamarán turístico.
Pola noite, gran verbena con Costa Azul.


2/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: