Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Destruiranse 5 mil empregos

A reconversión do sector financeiro "non debe facerse con escandalosas axudas públicas"

A CIG expón o seu rexeitamento ao "decretazo" do goberno español e láiase de que custará unha media de 2.600 euros por cidadán.

Redacción - 14:30 03/07/2009

"Supón a socialización das perdas entre todos os cidadáns", queixouse esta sexta feira Clodomiro Montero, secretario xeral da CIG-Banca, ao respecto do Real Decreto sobre a reestruturación do sistema financeiro, deseñado polo goberno español, e que implica a inxección de 100 mil millóns de euros das arcas públicas ao sistema financeiro. Unha cantidade que se suma aos 32 mil millóns concedidos até o de agora.

Montero foi belixerante coa que cualificou de maior operación de rescate levada a cabo en toda Europa no sector e denunciou que a "nacionalización parcial e temporal" que implica na práctica está operación acabará en canto as entidades comecen a recuperar beneficios, volvendo así "a mans privadas". Na mesma conferencia de prensa, a secretaria de Organización da CIG, Elvira Patiño, recordou que a central sindical xa rexeitou no seu momento a inxección inicial de cartos realizada polo goberno español. "Quedou demostrado que non beneficiou nin a familias nin a pequenas empresas", denunciou. De paso, aproveitou para lembrar a reclamación da CIG a prol da creación dunha banca pública "forte e estábel".

Reestruturación e despedimentos
Por outro lado, segundo analiza a CIG, o plano en marcha para a reestruturación do sector con probabilidade levará aparellada unha "reconversión pura". Deste xeito, agoira a formación que a nivel estatal poderían perderse arredor de 75 mil empregos en bancos e caixas de aforro. Deste total, calcula a CIG que uns 5 mil empregos desaparecerían en Galiza.

A maiores, denunciaron tamén que o decreto invade competencias da Xunta en exclusiva sobre as caixas. Critican con dureza o feito de que o Banco de España quede habilitado "para forzar fusións" entre entidades de diferentes comunidades autónomas. Sobre o tema, din lamentar o "mutismo" da actual Xunta diante da "posibilidade da perda do carácter galego de Caixa Galicia e Caixanova, así como unha posíbel deslocalización das súas sedes e servizos centrais na Coruña e Vigo".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: