Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CENTRO DE REPORTEIROS

Youtube abre unha canle para formar en comunicación

O portal de intercambio de vídeos pretende contribuír así ao xornalismo cidadán

Redacción - 17:45 01/07/2009
Bob Woodward no seu vídeo sobre o xornalismo de investigación

Bob Woodward no seu vídeo sobre o xornalismo de investigación

Youtube abriu esta semana unha nova canle, o Centro de Reporteiros de Youtube, unha nova canle con vídeos formativos sobre xornalismo onde aprender sobre xornalismo de investigación, como realizar unha entrevista ou seguridade á hora de informar desde unha zona en crise. Con estes vídeos, o portal pretende axudar á formación dos centos de usuarios que fornecen a rede con vídeos sobre actualidade.

Para mellorar estas coberturas, que se deron en chamar "xornalismo cidadán", colaboran con este centro de reporteiros nomes senlleiros do xornalismo estadounidense, como a presentadora de CBS News Katie Couric, a editora xefe do The Huffington Post, Adriana Huffington ou o mítico xornalista Bob Woodward, que destapara o escándalo do Watergate. Eles e outros xornalistas explican nos vídeos desde principios éticos do xornalismo até temáticas máis técnicas como o mellor xeito de usar os datos numéricos.

Ademais, Youtube anima os propios usuarios a que compartan as súas experiencias e coñecementos sobre como realizar xornalismo cidadán. Deste xeito, a canle está aberta á inclusión de máis vídeos nos que se compartan os coñecementos adquiridos no xornalismo cidadán, así como se responda ou discuta ás ensinanzas dos xornalistas profesionais.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: