Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito no Curdistán

O Consello de Europa aposta polo diálogo entre turcos e curdos

O secretario xeral da institución europea pon os procesos de paz de Irlanda do Norte e do País Vasco como referentes.

Redacción - 10:00 28/06/2009
Ehmed Turk, líder do DTP

Ehmed Turk, líder do DTP

O secretario xeral do Consello de Europa, Terry Davis, avogou o pasado martes por unha saída dialogada ao conflito curdo en Turquía. O máximo representante da institución europea, da que Ankara é membro, sinalou os conflitos en Irlanda do Norte e no País Vasco como exemplo de negociacións entre Estado e representantes independentistas.

Davis, preguntado por un xornalista turco se estaba a defender o diálogo co PKK, respondeu que isto "non sería lóxico", xa que a organización está considerada como un grupo terrorista pola UE, aínda que recordou a existencia doutros interlocutores do movemento arredista curdo.

É o caso do Partido da Sociedade Democrática (DTP), a única formación nacionalista con presenza no Parlamento turco, a que o primeiro ministro Recep Tayyip Erdogan se nega a recibir. O DTP reuniuse esta cuarta feira con embaixadores dos Estados europeos en Ankara para lles solicitar que "todas as partes fagas bo uso" do cesamento do fogo declarado polo PKK.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: