Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INFORME DE CAIXANOVA

As TIC galegas explotan pouco os mercados estranxeiros

Segundo se concluíu no foro organizado pola caixa de aforros as empresas tecnolóxicas e da información e a comunicación do país explotan pouco o mercado global.

Redacción - 17:00 24/06/2009
Cartaz da publicación

Cartaz da publicación

Un amplo estudo realizado sobre a actividade das empresas tecnolóxicas e da información e a comunicación (TIC) revela que en Galiza este sector está demasiado centrado no mercado propio, amosando unha insuficiente orientación ao crecemento en novos mercados xeográficos. Esta é unha das conclusións incluídas na revista publicada polo Foro de Estratexias Empresariais de Caixanova, que ademais do eido das TIC estudou outros 16 sectores da economía galega.

Segundo este informe hoxe existen en Galiza 1.542 empresas adicadas ás TIC, que xeran un Valor Engadido Bruto de 1.037 millóns de euros (un 2,39% do VEB total). Revélase tamén que o número de empresas medrou considerablemente nos últimos anos, aínda que seguen sendo máis pequenas que as existentes no resto do estado. Esta é unha das debilidades que se lle atribúe ás TIC galegas, entre outras como a súa polarización nas áreas metropolitanas de Coruña e Vigo, fronte a zonas do centro do país máis despoboadas deste modelo empresarial como é o caso de Ourense ou Lugo.

Non todo son cousas malas, e neste informe tamén se fala dun tecido empresarial novo, que está cada vez máis sensibilizado coa importancia da calidade e a amplitude de gama dos produtos e servizos que ofrecen. Revelase igualmente unha orientación crecente a valorar a importancia que ten na súa actividade económica certos aspectos como o servizo técnico ou o servizo postventa.

Traballo feito en colaboración coa Uvigo
Esta publicación é unha síntese do traballo feito de xeito conxunto por Caixanova e un equipo de investigadores da Universidade de Vigo. Para a súa realización tivéronse en conta diversas enquisas, entrevistas e xuntanzas mantidas con axentes adicados ás principais partes da cadea de actividades adicados ás TIC.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: