Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
LIGA GALEGA DE TRAÍÑAS

O Náutico de Vigo leva a bandeira de Ares

A embarcación viguesa gaña a segunda proba que serve ao Cabo de Cruz para subir até o liderado da clasificación xeral, coa súa segunda posición nesta regata.

Redacción - 12:45 22/06/2009
Os membros do Náutico, coa bandeira que os acredita como campións (clic para ampliar)

Os membros do Náutico, coa bandeira que os acredita como campións (clic para ampliar)

Gran fin de de semana de traíñas en Ares, onde o Club Náutico de Vigo volveu impedir a Cabo de Cruz acadar a súa primeira vitoria da tempada na Liga Galega de Traíñas. Así, os vigueses impuxéronse na terceira e derradeira quenda cun espectacular final e avantaxando en menos dun segundo aos de Boiro. Por detrás chegaban os campións da primeira regata, o Chapela, que rematou en cuarta posición na xeral superados polo Amegrove.

Precisamente este club venceu con autoridade a primeira das regatas, e o excelente tempo acadado serviulle para colocarse terceiros na xeral. Na segunda das regatas a vitoria foi para os do Puebla, que entraron cunha vantaxe inferior aos cinco segundos sobre os locais de Ares. Despois desta proba os boirenses de Cabo de Cruz soben até o primeiro lugar da clasificación xeral con 26 puntos, sumados por mor da súa regularidade ao quedar segundos nas dúas regatas. Por detrás fican empatados Chapela e o Náutico de Vigo a só un punto.

A vindeira cita coa Liga Galega de Traíñas téñena os afeccionados a esta competición en Cangas, o 4 de xullo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: