Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crise

Caramelo inicia os trámites para emprender o concurso de acredores ante a súa "crítica" situación financeira

A dirección de Caramelo ve "imposíbel" reflotar a firma coa actual estrutura de custos, con perdas acumuladas de 51,9 millóns en tres anos.

Redacción - 14:35 13/06/2009
Jove, máximo accionista

Jove, máximo accionista

A dirección da empresa téxtil Caramelo anunciou este sábado que comunicou ao Xulgado Mercantil da Coruña a fase previa de negociación cos acredores, para cumprir as obrigacións legais "derivadas da crítica situación financeira que sofre a compañía", ao amparo do artigo 5.3 da Lei Concursal.

Segundo indicaron fontes próximas a Caramelo a Europa Press, a comunicación formalizouse este venres ante a "crítica" situación financeira da compañía, cunhas perdas acumuladas de 51,9 millóns de euros en tres anos.

Neste escenario, a dirección de Caramelo ve "imposíbel" reflotar a firma coa actual estrutura de custos polo que presentou a comunicación ao xuíz de que xa iniciou a negociación cos acredores.
Unha vez rematado este proceso, a empresa "alcanzase ou non as adhesións necesarias para a admisión a trámite da proposta anticipada de convenio, deberá solicitar a declaración de concurso".

"Situación insostíbel"
A dirección da firma téxtil lamentou "ter que chegar a esta situación" xa que, precisou, aínda que se podería contar cun último esforzo investidor" para levar a cabo o plan de negocio que reflotase o Grupo Caramelo, considera que a "única forma" de recuperar a competitividade e "salvar" a empresa e os seus empregados é realizando "un reaxuste en todas as áreas de custo", cumprindo así "co plan de viabilidade".

Caramelo insiste en que a firma atravesa agora mesmo unha situación "insostíbel" que obriga a executar "de inmediato" todas as medidas propostas no plan de viabilidade, xa que "o adiamento ou a non consideración dalgunha destas imposibilitaría a continuidade da empresa e levaríaa ao peche".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: