Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Piden unha xuntanza con Traballo

Os alcaldes "alármanse" ante a reducción dun 10% nas axudas aos concellos

A Federación Galega de Municipios e Provincias critica as medidas tomadas polo Executivo, dentro do Plan de Cooperación, e denuncia os atrasos nos pagamentos.

Redacción - 08:30 12/06/2009

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) denunciou esta quinta feira que a Xunta revisou as valoracións dos expedientes relativos ao Plan de Cooperación e que reduciu as axudas aos concellos "até nun 10%", en relación ás cantidades percibidas en anos anteriores.

Nun comunicado de prensa, o presidente da Fegamp, Carlos Fernández, apuntou a súa intención de lle trasladar á Xunta a "alarma e inquedanza" xeradas nos alcaldes, ante a "revisión das valoracións dos expedientes", e sinalou que agarda "coñecer de primeira man" os criterios empregados, as mudanzas realizadas e a xustificación dos novos importes. Segundo recalcou, no momento da publicación da orde de axudas -o pasado 18 de maio-, os alcaldes preocupáronse cun seu artigo, que advertía que todos os expedientes que non chegasen á fase de resolución e notificación, serían remitidos de novo a unha comisión de valoración, o que podería xerar atrasos nos cobros da axudas e, en consecuencia, falta de financiamento" para desenvolver a "cobertura de servizos e de seguridade nas praias".

Fernández tamén indicou que a preocupación agora "chega a un nivel maior", xa que "a consellaría de Traballo lle trasladou a algúns concellos a nova valoración e "confirmoulles que non van recibir ningunha cantidade económica do plan de cooperación".

A organización municipalista está a desenvolver esta semana un dispositivo para recoller información dos concellos afectados, saber da situación particular de cada un, e poder facer un balance de como lles está afectando a orde de Traballo. Tamén demandou unha xuntanza directa cos responsábeis do departamento que dirixe Beatriz Mato.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: