Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Adscricións

A Secretaría Xeral de Modernización asumirá as competencias de novas tecnoloxías

O DOG determina, provisionalmente, que os órganos dependentes da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información se repartirán entre o novo departamento e Economía e Industria.

Redacción - 11:45 10/06/2009

Despois de meses de incerteza, o DOG publicou este martes unha orde da Consellaría de Presidencia que determina a adscrición dos órganos que dependían da extinta Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información. As competencias, finalmente, repartiranse entre a Consellaría de Economía e Industria, a través do Igape, e a nova Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

A secretaría xeral encargarase da parte relacionada coa Sociedade da Información e coas infraestruturas e promoción das novas tecnoloxías no ámbito da cidadanía e das administracións públicas, mentres que a súa promoció no eido empresarial ficará na Consellaría de Economía e Industria.

A Comisión Interdepartamental para a Sociedade da Información e o Coñecemento, que estaba adscrita á Consellería de Innovación e Industria a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, quedará igualmente adscrita á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: