Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Europa, Terra de Pobos

Baviera: A Galiza soñada por Fraga

O xefe do Executivo galego entre 1989 e 2005 tivo no seu amigo o líder do CSU e presidente de Baviera, Franz-Josef Strauß, o seu referente político.

Fernando Arrizado - 13:50 05/06/2009
O ex presidente Manuel Fraga

O ex presidente Manuel Fraga

Dende que Alianza Popular gañou as eleccións de 1981, e posteriormente con máis intensidade a partir da súa chegada á Xunta, Manuel Fraga Iribarne nunca agochou o modelo ideal de país que pensaba para Galiza: a Baviera do seu amigo Franz-Josef Strauß.

O máximo dirixente do PPdeG e xefe do Executivo galego entre 1989 e 2005 accedía á Xunta un ano despois do pasamento do líder do Christlich-Soziale Union (Unión Social-Cristiá, CSU) e presidente do Goberno bávaro dende 1978, un activo militante nazi na súa mocidade que chegou a ser ascendido a Oberleutnant durante a II Guerra Mundial.

Tres lustros despois, á saída de Fraga do Executivo en 2005, Galiza estaba lonxe de ser a "Baviera española" que o de Vilalba propugnaba. O land alemán é unha potencia económica, líder en investigación e innovación tecnolóxica de Europa. Paradoxalmente, científicos galegos traballan nas prestixiosas universidades bávaras.

Unha situación similar á que acontece coas industrias e empresas do Freistaat Bayern punteiras nos seus sectores, construídas nestes anos grazas á man de obra cualificada galega que se viu na obriga de emigrar do país.

Strauß, malia ser unha figura que suscita contrastadas discrepancias entre partidarios e detractores, é recoñecido polo seu labor na transformación da Baviera agrícola nun dos motores económicos de Europa.

En Galiza, non só non se foi quen de aproveitar os abundantes Fondos recibidos da UE para crear un tecido empresarial forte fóra do 'cemento', senón que nin sequera se puido evitar a supervivencia e modernización de sectores como o leiteiro, o pesqueiro ou o naval.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: