A compañía recibirá outros 30 mil millóns de dólares procedentes da Administración estadounidense para acometer a súa reestruturación.
General Motors (GM), a maior automobilística do mundo durante 77 anos solicitou este luns a súa entrada no proceso de bancarrota, do que se agarda que saia no prazo mínimo de entre dous e tres meses. Así o confirmou o goberno de Estados Unidos, quen fará unha achega doutros 30 mil millóns de dólares para acometer a reestruturación da compañía baixo a protección xudicial.
A cambio, a Administración estadounidense recibirá un 60% da compañía unha vez que se remate o proceso. Ademais, Canadá chegou a un acordo para investir 6,5 millóns de dólares por unha participación que ronda o 12%, segundo informaron altos cargos da Casa Branca.
O xigante industrial non foi quen de reestruturar a súa débeda, cifrada en 27.200 millóns de dólares, o que fora un dos requisitos impostos polo goberno para seguir financiando a súa actividade. Dende decembro, Washington proporcionou a GM case 20 mil millóns de dólares para manter as súas factorías, mais sen resultados. O presidente estadounidense, Barak Obama, explicará nunha intervención televisada a todo o país os motivos que levaron ao colapso da empresa e as razóns que levaron ao goberno a prestarlle asistencia gobernamental.