Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA O 2010

Senén Barro pídelle a Feijoo un novo plan de financiamento para as universidades

O reitor da USC di que, de non facerse, se vería "moi seriamente afectada" a aplicación do Plan Boloña.

Redacción - 08:00 28/05/2009

O reitor da Universidade de Santiago (USC), Senén Barro, advertiu este mércores de que o proceso de adaptación das institucións académicas galegas ao Espazo Europeo de Educación Superior se verá "moi seriamente" afectado se o Sistema Universitario de Galiza (SUG) non conta cun novo modelo de financiamento universitario en 2010. Barro manifestou que a Consellaría de Educación non ten "nada definido nin definitivo" sobre o novo modelo de financiamento universitario, polo que trasladou a súa "preocupación" xa que "a situación do SUG non é boa", o que pode significar "problemas para as universidades".

Asegurou que "hai tempo" para poñer en marcha un novo modelo de financiamento universitario, pero subliñou que para isto "ten que haber clara vontade política". "O escenario lóxico sería contar cun novo plan en 2010. Xa deberiamos telo antes", sentenciou, e puntualizou que "en seis anos", cando foi elaborado o anterior modelo, "cambian moito as universidades e nin sequera o EEES se intuía". "O modelo actual non responde ao que queremos que fagan as universidades", concluíu.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: