Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
a través dunha reportaxe

Coñeza o nome dos 12 torturadores de George W. Bush

Unha revista dixital norteamericana publica unha listaxe dos responsábeis de varios crimes de guerra en Irak, Afganistán e Guantánamo.

Redacción - 09:00 26/05/2009
Un dos homes do presidente que aparecen nesta listaxe é o ex vicepresidente Dick Cheney

Un dos homes do presidente que aparecen nesta listaxe é o ex vicepresidente Dick Cheney

Segundo manifesta sen ataduras a revista dixital Salon, os responsábeis máximos das torturas que o exército dos EUA infrinxiu a presuntos xihaidistas detidos en Irak, Afganistán ou levados a Guantánamo, eran 13.

Alén disto, a publicación revela publicamente os nomes, nunha reportaxe titulada Os trece homes que fixeron posíbel a tortura, e na que dispoñibilizan unha listaxe que encabeza o propio George W. Bush, e que inclúe cargos importantes da Casa Branca.

A publicación desta listaxe volveu abrir o debate sobre as torturas, nun momento no que o actual presidente dos EUA, Barack Obama, mantén a espera, sen aclarar cando vai continuar cos seus plans de pechar Guantánamo, ou cando vai completar as políticas de transparencia anunciadas, que pasaban por desvelar se o exército do seu país tiña empregado prácticas coma esta en combate ou nas prisións.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: