Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRITICAN A LEI DE PARTIDOS

A CIG “rexeita” a ilegalización de Iniciativa Internacionalista

Emitiu un comunicado no que ataca o goberno español e solidarízase cos integrantes da candidatura ao parlamento europeo en que está integrada a FPG.

Redacción - 11:54 19/05/2009
CIG

CIG

A Confederación Intersindical Galega (CIG) emitiu este martes un comunicado no que "rexeitan" a prohibición de concorrer ás eleccións europeas imposta polo Tribunal Supremo á candidatura Iniciativa Internacionalista (II). No comunicado critican explicitamente o papel do goberno español, ao que acusan de "utilizar os tribunais para excluír do sistema electoral a candidatura de II e con ela a milleiros de cidadáns, impedíndolles o exercicio do dereito universal ao sufraxio libre, directo e secreto".

Dende a CIG consideran que esta ilegalización é unha estratexia do executivo que dirixe Rodríguez Zapatero, coa intención de "desviar a atención da dramática situación na que se atopan millóns de homes e mulleres que perderon o seu traballo". A central sindical vai máis alá e describe nesta decisión unha converxencia de intereses de PP e PSOE, coa intención de "acalar os discrepantes coas súas políticas represivas". Por estes e outro motivos, a CIG decidiu solidarizarse cos integrantes da candidatura Iniciativa Internacionalista.


5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: