Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
COMEZA A LOITA POLO ASCENSO A SEGUNDA B

Compostela - Atlético Monzón; Hellín - Montañeros; Cerceda - Peña Sport; e Ourense - Tudelano

O equipo coruñés (Montañeros) é o que quedou máis satisfeito co resultado dos sorteos.

Redacción - 19:20 18/05/2009
Coñecidos os rivais agora será nos campos onde se decidirán os ascensos

Coñecidos os rivais agora será nos campos onde se decidirán os ascensos

Xa se coñecen os rivais contra os que terán que loitar os equipos galegos de Terceira na súa loita polo ascenso á 2ª B. O Compostela enfrontarase aos aragoneses do Atlético Monzón, campión do grupo 17 de Terceira; o Montañeros contra os manchegos do Hellín, que remataron 4º no grupo 18; o Ourense terá como rival aos navarros do Tudelano; e o Cerceda aos navarros do Peña Sport, segundos clasificados no grupo 15. O partido de ida xogarase a fin de semana do domingo 24 e a volta será na semana seguinte.



Compostela

O coordinador do fútbol base compostelán, Choco, foi claro ao falar do seu rival: "é un primeiro de grupo, coma nós, e xa sabíamos que non nos ía tocar un rival fácil". Lembrou que se trata dun equipo "experimentado neste tipo de eliminatorias, xa que loita polo ascenso a terceira división por terceira vez consecutiva". O primeiro partido será o día 24 en San Lázaro, e a volta xogarase o 31 no campo do Atlético Monzón.

Montañeros
Os xogadores do Montañeros terán que facer os 900 quilómetros que os separan da localidade albaceteña de Hellín para xogar alí o primeiro partido da eliminatoria contra un club histórico que conta con 80 anos de vida. Fausto Vázquez, presidente do equipo admite que "non é dos partidos máis complicados que nos podía tocar, xa que é o cuarto que menos puntos ten de todos os clasificados, e entrou na loita polo ascenso ao final de todo". Sobre o perfil do equipo dixo que "é un equipo máis ben novo" e lamentou o incómodo da longa viaxe.

Ourense
O Ourense enfróntase aos navarros do Tudelano. Como expresou o seu secretario técnico, Raúl Rois "imos saír a gañar os dous partidos", malia recoñecer que "son equipo vasco, que adoita facer un fútbol directo e duro, polo que é difícil gañarlles". O partido de ida xógase no Couto e a volta no estadio José Antonio Elola, de Tudela.

Cerceda
O presidente do Cerceda, Xosé Antonio Silveira (máis coñecido como "Costas") afirmou que polo momento "pouco sabemos do Peña Sport". Aínda así recoñeceu que "é un equipo forte do grupo de Navarra, que adoita ser sinxelo. Pero este equipo xogou catro temporadas en 2ª B e tamén ten experiencia nas eliminatorias de ascenso". O partido de ida xógase no Roxo e a volta no campo de San Francisco, en Tafalla.


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: