Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OFRENDA DO PSDEG NA TUMBA DE PIÑEIRO

Pachi Vázquez critica o "oportunismo" e a "irresponsabilidade" do PP coa lingua

No cemiterio compostelán de Boisaca, onde está soterrado Ramón Piñeiro, o secretario xeral dos socialistas galegos avogou por recuperar o consenso lingüístico.

Redacción - 16:54 17/05/2009

O líder do PSdeG-PSOE, Manuel 'Pachi' Vázquez, reivindicou este domingo o labor a favor do galego que desenvolveu Ramón Piñeiro no seo do grupo parlamentario socialista e criticou o "oportunismo" e a "irresponsabilidade" de Núñez Feijóo no ámbito da política lingüística.

Nunha homenaxe diante da tumba da figura do galeguismo histórico, Vázquez destacou "o compromiso con Galiza" que presidiu toda a súa traxectoria "política e intelectual".

Así mesmo, Vázquez avogou pola "restauración do consenso" entre todas as forzas políticas para, así, "avanzar no consenso na sociedade", ante a situación de "ameaza directa" na que asegurou que se atopa o idioma. "Só así se poderá salvar o galego", advertiu, tras o que engadiu que é "necesario" pechar a "fenda" na sociedade que o PP abriu "no final da pasada lexislatura", segundo denunciou. "Hai que poñer a lingua fóra do combate político", reiterou.


3,25/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: