Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COINCIDINDO DO FESTIVAL DE EUROVISIÓN

A policía rusa detén vinte persoas nunha manifestación polos dereitos dos homosexuais

Algúns dos participantes no festival xa amosaron a súa solidariedade co colectivo gai de Rusia.

Redacción - 20:08 16/05/2009

Pouco durou a marcha do Orgullo Gai que intentaron celebrar os colectivos de defensa dos dereitos dos homosexuais en Moscova. A manifestación, que como vén ocorrendo desde 2006 non fora autorizada polo concello da capital rusa, pretendía aproveitar o tirón mediático do Festival de Eurovisión, nun momento no que Rusia intenta amosar a súa cara máis amábel ao continente europeo.

A policía disolveu rapidamente a concentración, celebrada perto da Universidade estatal, e detivo unhas vinte persoas, incluído Nikolài Alexeiev, un dos líderes do nacente movemento gai en Rusia. Está por ver o efecto que terá a represión da marcha no Festival,que celebra esta sábado a súa final. Algúns artistas xa expresaron a súa solidariedade co colectivo gai ruso.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: