Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Informe económico da Consellaría

Farjas quéixase dun "burato" de 330 millóns en Sanidade

A responsábel de Sanidade di que as dotacións orzamentarias para 2009 "son inferiores" ao gasto real do Sergas en 2008.

Redacción - 15:35 14/05/2009

"Os primeiros datos constatan a infradotación orzamentaria en gastos de persoal, gastos correntes e gastos de farmacia". Así o recolle o informe económico en proceso da Consellaría de Sanidade, cuxo avance a conselleira Pilar Farjas levou este xoves ao Consello da Xunta.

Farjas denuncia a aparición dun desfase orzamentario de 129 millóns no apartado correspondente a Farmacia, dunha insuficiencia de 100 millóns no que lle toca a persoal e dun desequilibrio posíbel de entre 70 e 100 millóns en gastos de persoal. "A situación global a data de maio implica que o presuposto da sanidade para 2009 é inferior ao gasto real do 2008", expón o novo equipo de Sanidade da Xunta.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: