Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Actos, durante todo o mes e por todo o país

Na rúa pola defensa do dereito ao aborto na sanidade pública

O vindeiro 31 de maio a Marcha Mundial convoca unha concentración en Compostela para que se recoñeza "o dereito fundamental das mulleres a tomar as súas propias decisións".

Redacción - 11:30 13/05/2009

Para que se recoñeza "o dereito fundamental das mulleres a tomas as súas propias decisións"; para que se "garanta a soberanía das mulleres sobre o propio corpo e a propia vida", "para que se asegure que todo o proceso de interrupción voluntaria do embarazo se faga na sanidade pública"; "para que non exista discriminación xeográfica no acceso das mulleres a este dereito"; e "para que se inclúa a educación afectivo-emocional e sexual, con perspectiva de xénero, no currículo escolar", a coordinadora galega da Marcha Mundial das Mulleres organizou, para todo o mes de maio, unha serie de actividades nas cidades de Ferrol, Ourense, Compostela e Pontevedra (consultar horarios e lugares).

Un maio reivindicativo para proclamar e defender o dereito ao aborto
A MMM está a desenvolver unha campaña nacional de defensa do dereito de aborto na Sanidade pública -para o que tamén dispoñibilizaron un manifesto para quen o desexe asinar-, que terminará cunha concentración ou "Maio reivindicativo", que se celebrará o día 31 deste mes, a partir das 11h00 na Praza da Quintana, en Compostela.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: