Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XIII Congreso

María Torres é a nova secretaria xeral de Xuventudes Socialistas

A avogada, natural de Carballo, convértese na nova dirixente da formación xuvenil socialista.

Redacción - 17:00 10/05/2009

A avogada carballesa María Torres foi elixida nova secretaria xeral de Xuventudes Socialistas. O XIII congreso da formación xuvenil tivo lugar esta fin de semana en Fene. Torres, que substitúe a Loli Rodríguez Amoroso, ten 25 anos.

O informe de xestión da anterior executiva acadou o 83% dos votos, fronte a un 10 por cento de abstencións e un sete por cento en contra.

Pola súa bnada, Torres obtivo mais do 80% dos votos das persoas delegadas que participaron no congreso. No seu discurso, a nova secretaria xeral asumiu o cargo como "unha oportunidade única para empezar a cambiar o rumbo de Galiza". Dixo que as Xuventudes Socialistas son "un dos referentes da mocidade galega" e apostou por un "equipo forte e potente para axudar a gañar as vindeiras eleccións".

A nova executiva de Xuventudes Socialista está formada, ademais, por Tamara Canosa Ferrío, como secretaria de Organización; Julio Castela Martinez e Antonio Sánchez Espantoso, Vicesecretarios Xerais; Ignacio Filgueiras Martínez, Secretario de Política Municipal; Patricia Rodríguez Calviño, Secretaria de Medio Ambiente e Igualdade; Pablo López Rodríguez, Secretario de Medio Rural e emprego; Ramón Bouzas Castaño, Secretario de Cultura e Deporte; Pablo Otero Otero, Secretario de Educación, e Isaac López Rey, Secretario de Emancipación.

Completan a lista Jesñus Basanta Tojo, José Ángel Santoro Estévez, Adriana Viz Fernández, Paula Vázquez Núñez, Amadeo Cuíñas e Aida Loida Fontenla.


4,86/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: