Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

BNG: sen acordo previo, a pelota está no ar

A Alternativa pola Unidade reitera a oferta dunha candidatura unitaria e advirte que “facilitará a presentación de todas as candidaturas á elección para a Executiva”.

Redacción - 13:15 10/05/2009
Tags: asemblea BNG

O BNG maula fórmulas nesta xornada de domingo que lle sirvan para saír dunha crise interna que, aínda que máis explícita dende a derrota de marzo, se arrastra dende a Asemblea Nacional de finais de 2006. O Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, escenario das tres últimas asembleas, volve ser o centro neurálxico e o corazón do nacionalismo galego. 2.500 militantes do Bloque, chegados dende todas as comarcas de Galiza e dende a emigración, deciden a composición do Consello e da Executiva Nacional.

Xa pasado o mediodía, mantéñense firmes as catro listas que concorrerán á primeira votación (a do Consello Nacional). Mais, os ruxerruxes xa comezan a voar polos corredores, a cafetaría e polo exterior do Pazo de Congresos. O primeiro aviso deuno A Alternativa Pola Unidade. A lista que apoia a UPG repartiu panfletos entre os asistentes nos que reitera a súa vontade de chegar a unha candidatura unitaria e, advirte, que se non hai un acordo, vai “facilitar” na medida do posíbel que todas as candidatura se poidan presentar á Executiva.

Como se traduce isto? Para poder presentar lista á Executiva Nacional as candidaturas teñen que contar co 30% dos delegados. A priori, semella que só as candidaturas encabezadas por Guillerme Vázquez e Carlos Aymerich teñen posibilidade de superar o 30% na primeira votación. Porén, unha lista pódelle prestar os apoios que lle sobran a outra para que así poida optar á votación á Executiva Nacional.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: