Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Responsábeis da morte de varios civís

Os Blackwater marchan de Irak

A empresa de servizos militares privados XE era a que máis volume de negocio tiña no país. Fora contratada polos EUA.

Redacción - 09:00 08/05/2009
Logo da XE, anteriormente Blackwater

Logo da XE, anteriormente Blackwater

Esta quinta feira terminou o contrato da polémica entre o goberno de Iraq e a empresa de servizos militares privados XE (anteriormente, Blackwater). As autoridades iraquís decidiron non renovar o acordo anual coa compañía despois de que os axentes desta asasinasen a 17 civís nun tiroteo en setembro de 2007.

En 2008, o Departamento de Estado dos EAU renovou o contrato, obviando as protestas chegadas de Bagdad. Porén, dende o primeiro de xaneiro deste ano, é o goberno quen decide que empresas de seguridade actúan no país, sen que os acordos teñan que pasar por mans estadounidenses. Os Blackwater eran a maior das tres empresas que traballan no país, e posuían perto dun milleiro de axentes e 20 helicópteros. Estimase que o contrato no Iraq correspondía a un terzo ou mesmo á metade do volume de negocio da compañía. O antigo acordo cos mercenarios norteamericanos pasará agora a mans da Triple Canopy, que empregará os axentes que traballaban antes para Blackwater, xunto coa outra empresa que ten contrato co país, a DynCorp.

Porén, o Departamento de Estado dos EUA segue a empregar a XE na protección de diplomáticos estadounidenses en todo o mundo.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: