Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Balance do desemprego en abril

O PSdeG apela á inercia das políticas de emprego do bipartito

Os socialistas consideran que a redución do paro o último mes ten que ver coa estratexia deseñada polo goberno anterior.

Redacción - 17:40 05/05/2009

O voceiro en materia de Traballo do PSdeG no Parlamento, Xosé Tomé Roca, avaliou este martes que o descenso en número de desempregados durante o pasado mes de abril en Galiza "débese á inercia das políticas de emprego postas en marcha polo Goberno de Emilio Pérez Touriño".

Nun comunicado enviado aos medios, o grupo parlamentario dos socialistas amosa a súa satisfacción polo feito de que as cifras no ámbito laboral en Galiza teñan un mellor comportamento que a media estatal e atribúenllo fundamentalmente ás políticas do bipartito. Por outro lado, Tomé Roca tamén fai referencia aos "efectos do Plan E" promovido polo goberno español. "Queremos recomendarlle ao señor Feijoo, presidente da Xunta, que aplique o sentido común, e que non desperdicie a boa herdanza recibida do Goberno de Emilio Pérez Touriño, e do ex-conselleiro de Traballo, Ricardo Varela", sinala o deputado socialista, concluíndo que en termos de creación de emprego,clima laboral e paz social, o anterior executivo colocou Galiza "á cabeza das rexións do Estado".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: