Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Renxe o motor da UE

A peor crise económica dos últimos 80 anos agrávase en Alemaña

O colapso das exportacións ha producir unha contracción de seis puntos no PIB. Será a caída máis forte da produción dende a Segunda Guerra Mundial.

Redacción - 10:45 30/04/2009
A chanceller alemá, Angela Merkel

A chanceller alemá, Angela Merkel

Segundo os prognósticos, a economía alemá, o motor de Europa, ha minguar este ano un 6%, segundo anunciou o goberno. Esta estimación final fai aumentar máis de dúas veces a primeira cifra que se manexaba, do 2,25%.
Este feito tradúcese no impacto que está a producir a crise na maior economía do continente, e constitúe un novo sinal de preocupación sobre o futuro comportamento das economías da zona euro.

Este prognóstico de decrecemento do PIB explícase, en grande medida, pola previsión da contracción das exportacións un 18,8%, unha caída que supón unha perda dun quinto das vendas ao exterior do que é o primeiro exportador mundial.

Unha das principais caras da crise en Alemaña: o desemprego
Unha das principais faces da crise en Alemaña é o desemprego. En marzo chegaba aos 3,4 millóns de persoas, pero a cifra ha subir até os 3,72 millóns deica finais de ano, segundo estima o goberno de Angela Merkel. Para conter a suba do desemprego, o ministro alemán de Traballo, Olaf Scholz, defendeu un acordo cos sindicatos para chegar a un acordo de cara a redución da duración das quendas de traballo nas empresas.

Valores optimistas para o ano vindeiro
A previsión para 2010 é lixeiramente máis optimista, xa que se anticipa un crecemento do 0,9% no PIB alemán, aínda que este valor difire das proxeccións do Fondo Monetario Internacional (FMI), que anunciou un decrecemento do 1%.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: