A responsábel do portal de vídeos no Estado Español asegurou que estudan a posibilidade de traducir o servizo ás linguas dun estado "moi activo".
A responsábel de YouTube no Estado Español, María Ferreras, asegurou en declaracións á emisora catalá RAC-1 que están a estudar a posibilidade de lanzar unha versión da web de vídeos en catalán.
Segundo Ferreras, é un estado"moi activo no YouTube".Aínda que non detallou se fará o mesmo con outras linguas oficiais da Península Ibérica nin deu datas concretas, dixo que "é unha decisión internacional, porque en YouTube hai moitas páxinas de explicacións, moitos cambios constantes e temos que estar todos moi centralizados".