Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS

Islandia dálle un amplo apoio á coalición de socialdemócratas e verdes

Os electores castigaron os conservadores, que gobernaron o país até xaneiro deste ano.

Redacción - 11:15 26/04/2009
Tags:

O Partido Socialdemócrata e o Partido Esquerda Verde lograron unha ampla maioría absoluta nas eleccións celebradas en Islandia. As dúas formacións de centroesquerda lograron máis do 50% dos votos, o que lles dá 34 dos 63 escanos cos que conta o Parlamento. Da nova maioría, 20 deputados son de filiación socialdemócrata e 14 pertencen aos verdes.

A vitoria dos socialdemócratas referenda á primeira ministra, Johanna Sigurdardottir, e castiga ao Partido da Independencia (de orientación conservadora) que obtivo 16 escanos (dez menos ca en 2007). De feito, en xaneiro deste mesmo ano o centrodereita tivo que abandonar o goberno logo das grandes protestas cidadáns pola grave crise que afecta a Islandia.

A coalición de centroesquerda ten asuntos cruciais en axenda. Por un lado, terá que poñer en marcha medidas contra unha crise que está a disparar a taxa de paro e que levou á ruína a milleiros de islandeses. Polo outro, deberán decidir unha posíbel adhesión á Unión Europea. Mentres os socialdemócrtas son partidarios da entrada, os verdes son reacios a esta posibilidade.

Xornais islandeseses: Dagbladid Visir e Morgunbladid


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: