A directora xeral deste organismo internacional, Margaret Chan, recoñece a gravidade da emerxencia sanitaria decretada en México.
O brote de gripe porcina detectado en México e no sur do Estados Unidos podería converterse nunha grave pandemia mundial. A directora xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Margaret Chan, asegurou este sábado que existe esta posibilidade debidio á transmisión da infección que se está a dar entre as persoas. Porén, matizou que polo de agora é moi pronto para afirmar rotundamente que se vai cumprir a hipótese.
A nova gripe semella ser unha mutación da gripe porcina, combinada coa aviaria e coa humana. Polo de agora xa hai confirmadas 20 mortes en México, onde se detectou un milleiro de casos e nas próximas horas poderían confirmarse outras 48 que semellan estar relacionadas coa epidemia. En EUA tamén hai constancia de oito persoas que sofren o mal, aínda que, en principio, non se teme pola súa vida.
Poden ampliar a información do que está a acontecer en México (principal país afectado) en: Diario de México, El Universal, Reforma e La Jornada . Tamén en BBC América Latina (vídeo)