Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Esta quinta feira

A India entra no segundo día de eleccións

Millóns de persoas están chamadas a votar na segunda volta. Nestes comicios enfróntanse a coalición encabezada polo Partido do Congreso e a oposición do BJP.

Redacción - 08:00 23/04/2009
Preparadas para votar / Imaxe: BBC

Preparadas para votar / Imaxe: BBC

Un total de 191,7 millóns de electores están convocados esta quinta feira ás urnas, na segunda fase das eleccións xerais da India, que se desenvolverán en 12 estados: Cachemira, Uttar Pradesh, Bihar e Jharkhand (norte); Assam e Tripura (noreste); Orissa (leste); Andhra e Karnataka (sur); Maharashtra e Goa (oeste); e Madhya (centro).

Un dos candidatos que xoga un escano no Parlamento é herdeiro da dinastía Gandhi, Rahul, quen, a pesar de non aspirar á xefatura do Goberno nestes comicios, é considerado polos analistas políticos o "delfín" do primeiro ministro e candidato á reelección, Manmohan Singh. Gandhi concorre xunto con outros 323 aspirantes a obter unha acta de deputado no estado de Amethi, bastión da dinastía Nehru-Gandhi, que aínda controla o Congreso Nacional Indio, actualmente no poder.

Entre o actual detentor do poder, o Partido do Congreso (de esquerdas), e o opositor nacionalista e conservador hindú Bharatiya Janata Party (BJP) estará a cousa, mais os pequenos partidos rexionais tamén poderían ter moito que dicir neste comicios.

Un proceso electoral longo
Cando termine a xornada desta quinta feira, aínda quedan por diante días de escrutinio, que finalizarán o vindeiro 16 de maio, día no que a comisión electoral anunciará os resultados.

A primeira das fases electorais desenvolveuse o pasado 16 de abril, cunha participación media de entre o 58 e o 62%, e estivo marcada pola violencia dos grupos maoístas, que deixaron 19 mortos en varios ataques cometidos nas rexións do centro do país e no leste. Os maoístas, que chamaron ao boicot nestas eleccións, detiveron esta cuartwa feira un tren con centos de pasaxeiros, no estado de Jharkhand, nunha operación que as autoridades cualificaron de "secuestro", e levaron a cabo ataques en varios distritos que costaron a vida a, polo menos, unha persona.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: