Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
SÁBADO, 25 DE ABRIL, 19:30 H

Biblos Club de Lectores e teatro de Furafollas: "Revolução"

O proxecto preséntase no Centro Galego, onde a agrupación teatral máis furafolleira dará a súa visión das revolucións e da historia.

Redacción Barceloma - 17:15 22/04/2009

Biblos Clube de lectores é un proxecto que nace coa intención de axudar a rachar coa invisibilidade e coa marxinación da cultura galega. A través da subscrición e dunha revista bimensual de 36 páxina a toda cor, ofrece a posibilidade de elixir dende o domicilio entre máis de mil títulos anuais que produce a industria editorial galega, entre discos e películas, e tamén dá a coñecer as novidades portuguesas.

No proxecto colaboran todos os editores galegos e as empresas fonográficas, algunhas das máis importantes distribuidoras de cine (como Filmax e Buenavista) e tamén participan nel unha representación das grandes editoriais de Portugal. Conta tamén co apoio da Real Academia Galega, da Mesa pola Normalización Lingüística, do Instituto da Lingua Galega e de innumerables asociacións.

Biblos Clube de lectores vai ser presentado no Centro Galego da man do seu director literario, Tucho Calvo, e dos catro gañadores do Premio de Creación Literaria Biblos-Pazos de Galicia: Iria López Teijeiro, Alberto Ramos, Patricia Casas e Berta Dávila.

O premio de Creación Literaria Biblos-Pazos de Galicia vai na procura dos escritores que poidan dar prestixio á literatura galega no século XXI e cede o protagonismo aos menores de 25 anos: busca unha boa idea e un plan para a desenvolver. O escritor ou escritora gañador conta coa tutela de persoas de prestixio literario e do illamento na Casa Grande de Bachao, pazo ao carón do Tambre, para desenvolver a súa obra. Na edición deste ano o titor é Manuel Rivas.

A continuación da presentación de Biblos, Furafollas Agrupación Teatral estrea a obra "Revolução", unha visión retranqueira das revolucións e da historia que co seu título homenaxea a Revolução dos Cravos portuguesa, que tamén aconteceu un 25 de abril.

Sabado, 25 de abril de 2009, 19:30 h

Presentación de Biblos Clube de lectores, coa participación de Tucho Calvo, director literario, e os escritores gañadores do Premio de Creación Literaria Biblos-Pazos de Galicia: Iria López Teijeiro, Alberto Ramos, Patricia Casas e Berta Dávila.

Teatro: Historias no Raval
Furafollas presenta un novo espectáculo "Revolução", a súa visión humorística sobre as revolucións e a historia.

Sala Ferrío
Centro Galego de Barcelona
Rambla Caputxins, 35-37


4,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: