Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
IMPULSADA POLA UNESCO

Abre a biblioteca dixital mundial

Contén documentos dos principais arquivos do mundo co obxectivo de promover a interculturalidade e reducir a fenda dixital.

Redacción - 17:25 21/04/2009

Este martes 21 de abril abriu oficialmente a Biblioteca Dixital Mundial (WDL), unha iniciativa impulsada pola Unesco para acceder de balde, a través da internet, a fondos de grandes bibliotecas do mundo en diversos idiomas. Aínda que parte con pouco máis de mil obxectos -que no seu interior poden ter centos de páxinas nas que se pode facer zoom-, os seus contidos irán aumentando progresivamente.

O interface da WDL está en inglés, francés, portugués, castelán, ruso, chinés e árabe, aínda que pode conter documentos en, virtualmente, calquera lingua do mundo. Caligrafía chinesa, árabe ou persa, imaxes de América Latina ou mapas antigos de Europa figuran entre os seus contidos, abertos ás conexións de internet de calquera persoa do planeta.

O proxecto é multimedia. Así, non se limita a textos, senón que tamén dispón de imaxes, filmes ou sons procedentes de bibliotecas nacionais de varias ducias de estados. A intención da UNESCO é contar con achegas de 60 países a finais de 2009.

Os obxectivos da Biblioteca son promover a comprensión intercultural e internacional, expandir o volume e a variedade de contido cultural na internet, fornecer recursos para a educación, a investigación e o público en xeral e desenvolver capacidades en institucións asociadas para reducir a fenda dixital tanto entre países como dentro deles.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: