Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

A telemedicina, solución ás listas de espera?

Unha enquisa amosa que unha ampla maioría da poboación do Estado Español está a favor das consultas virtuais para temas que non precisen exploración médica.

Redacción - 09:00 12/04/2009

Un estudo encargado por Dialcom amosa que as consultas médicas a través da internet podería ser a solución ás listas de espera. A empresa está a desenvolver, precisamente, diversos proxectos de telemedicina.

A enquisa tiña como obxectivo coñecer a percepción e o grao de coñecemento da sociedade do Estado Español sobre os beneficios da telemedicina. Porén, unha de cada cinco persoas enquisadas ten confusión sobre o termo, pois cre que se trata exclusivamente da comunicación electrónica entre o persoal facultativo e os hospitais.

O 87% das persoas consultadas amosáronse favorábeis ás consultas médicas mediante videoconferencia para resolver temas menores que non precisasen de exploración médica. Ademais, a mesma porcentaxe considerou que sería unha medida para solucionar as listas de espera e evitar traslados e demoras.

Dialcom afirma que a telemedicina pode ser un xeito de aforrar custos e mellorar a produtividade e a calidade asistencial.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: