Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS

Cristina Cantero, nova adestradora do Aldas Amfiv

Despois de cinco anos exercendo como preparadora física do equipo, a antiga xogadora do Celta Indepo dirixirá o equipo nas tres ultimas xornadas de liga.

Redacción - 18:30 02/04/2009
Cristina Cantero, nova adestradora do Aldasa Amfiv

Cristina Cantero, nova adestradora do Aldasa Amfiv

A pasada fin de semana o Aldasa Amfiv recibiu a dimisión do seu adestrador, Diego Núñez, con bastante sorpresa segundo confesan no equipo. Só uns días despois o club repúxose e confiou o cargo a unha muller da casa: Cristina Cantero, que leva cinco anos traballando co equipo, no cargo de preparadora física.

Cantero estará axudada na dirección por dous homes que tamén coñecen o club, como Antonio Riveiro e J. Antonio Beiro. O obxectivo é que Cantero dirixa o equipo nos catro partido que lle quedan por xogar, e nos que loitará por subir até a quinta posición na táboa clasificatoria. Debutará contra o antepenúltimo clasificado, o Casa Murcia de Getafe.

A nova adestradora do Amfiv dixo que "será un reto bonito e interesante, que asumo con moitas ganas e ilusión". Pola súa parte o presidente do club, Pablo Beiro, defendeu a decisión argumentando que contrataron "unha persoa que coñece perfectamente como funciona o club e a todos e cada uns dos xogadores". Cantero compaxinará as súas funcións de adestradora do Aldasa Amfiv coas de relacións públicas e adestradora da canteira do Celta de Vigo Indepo.


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: