Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
LOGO DA DITADURA MILITAR

Falece Raúl Alfonsín, o primeiro presidente democrático da Arxentina

Tiña 82 anos, e sufría un cancro de pulmón. Durante os seus seis anos de mandato, entre 1983 e 1989, foi recoñecido por levar os torturadores ante a xustiza.

Redacción - 08:30 01/04/2009
No 1983, na súa investidura como presidente

No 1983, na súa investidura como presidente

Na madrugada da terza para a cuarta feira finou en Bos Aires o ex presidente Raúl Alfonsín, o primeiro mandatario arxentino elixido democraticamente, após a ditadura militar que gobernou o país entre 1976 e 1983. Tiña 82 anos, e sufría un cancro de pulmón. Alfonsín era, ademais, neto de galegos, con orixes en Ribadumia (O Salnés), que montaron un pequeno comercio na na vila bonaerense de Chascomús.

A pesar de ser moi apreciado no seu país, os críticos acusábano de ser o causante da forte crise que zoupou, durante anos, Arxentina. Porén, gañou o recoñecemento internacional cando fixo xulgar algúns dos militares que tiñan torturado e asasinado, así como "desaparecido", a milleiros de cidadáns e cidadás durante os anos de ditadura. Mais ben é certo que durante o seu mandato -de 1983 a 1989-, a inflación medrou un 200%; o nivel de pobreza entre a poboación duplicouse; e a moeda oficial, o peso, perdeu un 95% o seu valor. Alfonsín foi derrotado nas urnas seis anos depois de ter sido elixido, polo peronista Carlos Menem, que tampouco arranxou as contas do país.

As autoridades arxentinas, tras coñecer o pasamento do ex presidente e denominado "pai da democracia", decretaron tres días de loito oficial.


Ligazóns

2,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Co escritor Ernesto Sábato
Co escritor Ernesto Sábato
Un retatro dos últimos tempos, da axencia Telam
Un retatro dos últimos tempos, da axencia Telam
No día que recibiu unha homenaxe da actual presidenta, Fernández de Kitchner, na Casa Rosada / Imaxes enviadas por Débora Campos
No día que recibiu unha homenaxe da actual presidenta, Fernández de Kitchner, na Casa Rosada / Imaxes enviadas por Débora Campos