Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
para incluír no Vocabulário Ortográfico Comum

A Academia Galega da Língua Portuguesa prepara un "léxico da Galiza", cunhas 700 palabras

Membros da institución visitarán Lisboa para presentar unha análise da situación da lingua e traballar conxuntamente, coa Academia das Ciências.

Redacción - 19:15 16/03/2009

Após a súa sesión inaugural do pasado 6 de outubro, a Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP) comezou a traballar nas súas relacións exteriores. Esta semana chega o primeiro avance neste eido, xa que unha delegación desta institución viaxará -entre esta segunda e cuarta feira-, a Lisboa para manter diversas entrevistas, unha dela co presidente e vicepresidente da Academia das Ciências, Eduardo Arantes e Oliveira e Adriano Moreira, respectivamente.

Os obxectivos desta viaxe son varios, mais entre eles está o de presentar unha análise da situación da lingua elaborada pola Academia, ademais de comezar a colaborar coa institución lisboeta na aplicación dalgúns aspectos do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa, sobre todo no que se refire á elaboración do Vocabulário Ortográfico Comum.

Unhas 700 palabras galegas a incluír no Vocabulário Comum
A comisión de lexicoloxía da AGLP elaborou un "Léxico da Galiza" que, coas súas perto de 700 palabras, aspira a ser integrado no Vocabulário Ortográfico Comum da Língua Portuguesa.

O documento que han presentar é, en palabras do presidente da AGLP, Martinho Montero Santalha, "unha primeira redacción que ten que ser adaptada aos criterios que se determinen na elaboración do Vocabulário". Neste sentido, indicou que non se trata dun texto definitivo, senón que poderán acrecentarlle novas contribucións, no futuro.


4,71/5 (42 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Vídeo, elaborado por Vieiros, na xornada de inauguración da Academia Galega da Lingua Portuguesa

A delegación da AGLP manterá unha xuntanza con membros da Academia das Ciências de Lisboa
A delegación da AGLP manterá unha xuntanza con membros da Academia das Ciências de Lisboa