O líder do PPdeG sae de xira cara a terras arxentinas e uruguaias, onde xa se convocaron os "Almuerzos de la victoria".
Subliñan desde o PPdeG ao respecto da promesa realizada polo líder do partido durante a recente precampaña electoral que a intención de Alberto Núñez Feijoo e "reafirmar o seu compromiso de non volver visitar os emigrantes como presidente da Xunta senón pon en marcha a tarxeta sanitaria para todos". "Non virei aquí de baleiro, e se veño non será a prometer, senón a confirmar que funciona aquilo co que terei cumprido", prometéralles daquela Núñez Feijoo na outra beira do Atlántico aos residentes no exterior.
Desta volta, o que será próximo presidente da Xunta sae este venres para Arxentina, onde participará en actos coa Sociedade Parroquial de Vedra e a prensa da colectividade do Estado Español en Bos Aires. Posteriormente estará nunha cea "celebración" con militantes e simpatizantes do PP en Bos Aires. O sábado 14, Feijoo vaise trasladar a Uruguai, onde dará unha conferencia de prensa na sede popular naquel país e participará despois nun xantar con afiliados e simpatizantes do PP no Centro Ourensán en Montevideo.