O vigués proclamouse campión de Galiza por oitava vez consecutiva e consolídase como a gran estrela deste deporte no país.
Material necesario para practiar o bádminton
A pasada fin de semana celebráronse na Coruña os campionatos galegos de bádminton, utilizando como sede o pavillón do Club do mar de San Amaro. Na categoría feminina a vitoria foi para Patricia Pérez, do Independente Extronor Bádminton de Ourense, e no masculino para Rafael Vázquez, do CB Narón. En dobres masculinos a vitoria foi para David Aboal e Bruno Moldes; na categoría feminina gañaron María Coral e Sara Cortizo; mentres que en dobres mixtos levaron o título Raquel Míguens e Óscar Martínez.
Especial relevancia ten o caso de Rafael Vázquez que con este título acada o seu oitavo campionato galego absoluto. Despois de obter bos resultados nas categorías infantil, cadete e xuvenil foi na categoría absoluta onde dou o salto de calidade definitivo que o fixo dominador absoluto do bádminton galego.
Vázquez definiu o bádminton como "un deporte individual divertido, no que non dependes de ninguén e divírteste moito pola variedade técnica que ofrece". Tamén está participando en competicións internacionais, sobre as que dixo que "europeos e mundiais son os obxectivos reais, e despois os Xogos Olímpicos son o soño, porque só vai un por cada selección e ademais tes que estar entre os 40 mellores do mundo".