Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Buscado dende febreiro do 2008

Un dos barcos de pesca pirata máis buscados, atópase en Galicia

A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) debate esta semana en Roma as medidas contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada

Oceana - 13:13 06/03/2009
Tags:

Oceana documentou e solicitou que o Goberno español emprenda accións contra as actividades de pesca IUU levadas a cabo polo buque "Furabolos", IMO 8604668, agora baixo o nome "Eros II" e con bandeira panameña, que actualmente está atracado en Ribeira, en Galicia. IUU son as siglas en inglés de pesca "ilegal, non declarada e non regulamentada" e é unha das causas principais que contribúen á sobrepesca e unha das maiores ameazas para os océanos. Os buques que pescan con artes ilegais ou en zonas protexidas a miúdo capturan especímenes de tallas non permitidas ou stocks ao bordo do colapso.

"O `Furabolos´ é un barco pirata e, aínda que as autoridades estaban informadas diso desde febreiro de 2008, máis dun ano despois aparece atracado en Galicia, sen que o deteñan nin despecen. España, como Estado responsable do porto onde se atopa este buque pirata, debe empezar non só a falar sobre a loita contra a pesca IUU, senón tomar medidas moito máis activas que as actuais para evitala, e facer públicas continuamente esas medidas, para que teñan un efecto disuasorio. En particular, o goberno non debe permitir que empresas e cidadáns españois estean involucrados en pesca pirata, aínda que o fagan con barcos camuflados con bandeiras de conveniencia, nin dar o máis mínimo amparo a estas embarcacións nin aos seus armadores e tripulantes.", afirma Ricardo Aguilar, director de Investigacións de Oceana Europa.

 O "Furabolos" foi observado en augas internacionais do Atlántico Nordeste sen as licenzas adecuadas en febreiro de 2008 e, xa que logo, transferido á lista de barcos piratas (NEAFC IUU B) en xullo de 2008[i]. Desde entón, non se permitía a súa entrada en ningún porto das partes contratantes de NEAFC (Comisión para as Pesqueiras do Atlántico Nordeste), segundo as normas da organización. Aínda estando incluído nesa lista negra, o buque entrou no porto de Tenerife en outubro de 2008, e partiu del uns días máis tarde para dirixirse a Ribeira. En novembro de 2008, a Comisión Europea finalmente prohibiulle a entrada a calquera porto da Unión Europea.

Lloyds Register Fairplay, empresa dedicada ao rexistro e achega de información sobre embarcacións en todo o mundo, ten como empresa propietaria máis recente deste buque á española Albacora, a cal tamén se reflicte como a compañía que tiña as licenzas de pesca para a embarcación no océano Índico durante 2008. Con todo, a compañía atunera española indicou a Oceana que este buque xa non é da súa propiedade e que foi vendido a finais de 2007 a outra empresa da que non se proporcionou o nome.

Oceana esixiu a Albacora que desvele o nome da compañía que comprou a embarcación e que actualmente xestiona este buque pirata. "Se Albacora está, como di, comprometida na eliminación da pesca ilegal, debe facer público o nome dos novos propietarios do antigo `Furabolos´", declarou Xavier Pastor, Director Executivo de Oceana en Europa.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: