Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Derrota da Comisión Europea

Os países membros da UE poderán decidir por libre se aceptan acoller cultivos de transxénicos

Os ministros de Ambiente dos 27 decidiron que cada estado pode prohibir o cultivo de organismos xeneticamente modificados no seu territorio.

Redacción - 11:30 04/03/2009

Apenas cinco países -Reino Unido, Holanda, Suecia, Finlandia e Estonia- votaron a favor da medida da Comisión Europea que pretendía obrigar a Austria e a Hungría a aceptar o cultivo do único millo xeneticamente modificado (MON 810) permitido na UE, que distribúe a multinacional estadounidense Monsanto.

Se a proposta obtivese unha maioría dos votos, a mesma moratoria sería, en poucos meses, aplicada a Francia e a Grecia, que tamén decidiron prohibir o cultivo deste millo no seu territorio. Porén, e contrariamente do que se agardaba, a proposta tivo unha maioría cualificada de votos en contra, unha estraña e seria oposición a unha moratoria da CE.

Seguindo so intereses dunha soa empresa norteamericana
En vésperas das eleccións europeas, e fronte á desconfianza crecente entre os cidadáns ao cultivo de organismos modificados xeneticamente, a maioría dos países optou pola prudencia, mais houbo unha minoría que mesmo defendeu unha alteración das regras comunitarias para que se homologuen os organismos xeneticamente modificados (OMX), o que permitiría que a Comisión Europea volvese á carga tantas veces como fosen precisas para conseguir o voto favorábel dos 27. Isto, sempre que non aparezan novos datos que poñan en dúbida a convicción que algúns dirixentes teñen de que os transxénicos non son un problema para a saúde humana e do medio.

Bruxelas segue a xustificase, agochándose tras as análises da Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), que se basea nas información que lle son fornecidas polas mesmas empresas que distribúen e cultivan transxénicos.

"Non vexo por que nos deberiamos guiar polos intereses dunha única empresa americana e molestar os cidadáns dos estados membros", afirmou o ministro alemán do Ambiente, Sigmar Gabriel. O seu homólogo francés, Jean-Louis Borloo, dirixiuse directamente ao presidente da Comisión Europea, o portugués Durão Barroso, a quen acusou de ter tentado impoñer pola forza o levantamento das prohibicións.


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: