Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Galiza2009

Quintana: "O PP quere reconquistar España, comezando por Galiza"

O candidato do BNG defende que ningún galego irá contra as súas crenzas católicas por votar aos nacionalistas.

Redacción - 14:08 27/02/2009

"O Partido Popular só ten un obxectivo nesta campaña: a reconquista de España", dixo este venres o candidato do BNG á Xunta de Galiza, Anxo Quintana. Na súa opinión, o que está en xogo para os populares non é máis que unha cuestión de liderado e de sumar vitorias para volver a ter un papel prominente no Estado Español, iso si, "comezando por Galiza". Con todo, Quintana non lle augurou uns bos resultados ao PP neste propósito e vaticinou uns resultados electorais que serán "o auténtico Waterloo" de Núñez Feijoo e de Rajoy, tal e como o fora o Prestige para o ex presidente do goberno, José María Aznar.

Doutra banda, Quintana tamén asegurou que "para votar ao BNG ser católico non é ningunha peaxe insalvábel". Esta foi a súa resposta ante as declaracións realizadas polos bispos, nas que pedían un voto acorde "cos valores do evanxeo". Neste sentido, Quintana asegurou que son moitos os católicos que votan ao BNG e asegurou que non existen contradicións entre a confesión católica e o ideario nacionalista.


Ligazóns

5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: