Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
novas denuncias, novas demandas?

Amigos da Terra reitera o seu posicionamento sobre a lamentable situación da canceira de O Carballiño

Un membro da asociación achegouse en novembro a falar co presunto responsable da canceira nese momento e recolleu fotos como proba da lamentable situación das instalacións.

Amigos da Terra - 11:45 25/02/2009
Tags:
cans na canceia

cans na canceia

É unha evidencia que a canceira, lonxe de cumprir os requisitos mínimos de habitabilidade e manutención dos 300 cans (máis os doce cativos que naceran ese mesmo día, segundo declarou a persoa que alí se atopaba), mantén aos mesmos nunhas instalacións insalubres e coa gravidade da presunta falta de alimentación e subministro de auga potable durante varios días. Os alimentos, que consisten na gran maioría dos días en resto de polo, son esparexidos polas gaiolas do recinto sempre crús e seguramente levando almacenados varios días a temperatura ambiente pola falta de cámaras frigoríficas do recinto xa que ao mesmo non chega o subministro eléctrico.

A situación que presenciou o membro da organización en novembro, está moi lonxe de ser unha instalación que cumpra coa Lei 1/1993 de protección animal de Galicia, que no seu artigo 3º sinala dentro do Capítulo adicado ás Medidas de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade, o réxime que debe acatarse nos establecementos e os requisitos que estes deberan executar,algo que como xa sinalamos incúmprese na canceira de O Carballiño.

Fora de calquera contexto político ou disputas veciñais, Amigos da Terra esixe un cambio de actitude respecto ao mantemento das instalacións que, como "A Medela" de O Carballiño, reciben subvencións públicas para un fin estritamente marcado e no que se tutelan seres vivos e, polo tanto, solicita se fagan máis inspeccións ambientais a estas instalacións e se abran máis expedientes sancionadores para os incumpridores.

O vindeiro 4 de marzo cumprirase o prazo que a lei establece para que a Consellería de Medio Ambiente, Concellaría de Medio Ambiente de O Carballiño e o Servizo de Protección da Natureza, envíen contestación á organización, logo das denuncias que en decembro esta interpuxo en relación á lamentable situación na que se atopaba a canceira de "A Medela" e nas que solicitou:

"Informe das medidas e servizos dos que dispoñen as instalacións municipais para acadar o benestar dos animais que nelas cohabitan: se dispón de servizo veterinario, se dispón de persoal contratado para as tarefas de coidado, limpeza e manutención dos animais, regras de distribución dos cans nos recintos, medidas dos recintos e, en definitiva, calquera outro dato que indique como se está a xestionar a canceira municipal que, por outra banda, recibe subvencións públicas para o bo mantemento e funcionamento da mesma. Asemade, envíen copia do proxecto da política de adopcións que rexe nas instalacións mencionadas".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: