O suplemento de Vilaweb ofrece todas as claves para coñecer o noso país e todo o que supoñen as votacións do 1 de marzo.
Diari de l'Escola, o suplemento educativo do xornal dixital catalán Vilaweb, dedícalle un especial a Galiza. Co gallo das eleccións do 1 de marzo, unha das tres reportaxes desta semana explica, brevemente, os partidos que se presentan aos comicios e todo o que se xogan este domingo.
Outros tres apartados resumen as características do territorio, da capital e da lingua galega. Tamén se fai referencia ao Camiño de Santiago, ás murallas de Lugo, aos símbolos nacionais e a outras curiosidades sobre as eleccións, como a relevancia do voto emigrante.